Xan Campos
Sobre Xan
Xan Campos nace en 1987 en Cangas. Iníciase na música con seis anos da man do seu avó e posteriormente comeza os seu estudos de piano no conservatorio da súa vila. O seu primeiro contacto co jazz prodúcese grazas á posta en marcha do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, con Abe Rábade e Paco Charlín.
Ao rematar os seus estudos de Grao Profesional de piano clásico trasládase ao Musikene de Donosti para realizar o Grao Superior de Jazz e máis tarde incorpórase ao European Jazz Master, grazas ao cal estuda nalgúns dos conservatorios de música máis prestixiosos de Europa: Rytmisk Musikkonservatorium (Copenhague), Conservatorium van Amsterdam, Jazz Institut Berlin e Conservatoire National Supérieur de Musique et de Danse de Paris.Ao longo dos últimos anos, Xan Campos actuou en numerosos Festivais e salas importantes e compartiu escenario e estudio de gravación con varios dos intérpretes máis recoñecidos do panorama jazzístico internacional como Ambrose Akinmusire, Walter Smith III, Logan Richardson, Marcus Strickland, Lage Lund, Marcus Gilmore, Perico Sambeat, Jordi Rossy ou Matt Brewer.